Exisente debut da Residencia na Liga Galega

En Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

Os da cheda deron mostras de que irán a máis co paso da tempada ante un Lalín moi físico

A Residencia tivo un esixente debut no Manuel Anxo Cortizo, onde o Lalín mostrouse superior, sobre todo no aspecto físico.
Kaiser apostou por un equipo moi novo que irá crecendo co paso das semanas co obxectivo de chegar á segunda fase da tempada sendo de todo competitivos. No once inicial destacaba a presenza do alevín Xavi, no lateral dereito, e os xogadores de primeiro ano Nacho, Manu Ferreiro e Julio..
Que o debut sería esixente xa se sabía de antemán pero os blanquiazuis comprobárono en primeira persoa nada máis empezar o encontro, xa que o Lalín saíu a por todas e aos tres minutos xa mandaba por dous goles a cero no marcador.
A fortaleza física dos locais marcou o tramo inicial no que Lois tivo que intervir en varios man a man, chegando ao descanso con cinco a cero no electrónico.
Lonxe de baixar os brazos, a Residencia esqueceuse do marcador de cara aos segundos corenta minutos nos que Káiser deu entrada a Saúl, xogador en idade alevín, David, infantil de primeiro ano, e a Iván, Nicolás e Manuel Fernández, infantís de segundo ano.
A Residencia conseguiu cambiarlle a cara ao encontro. O equipo foi máis competitivo e os dous alevines, Xavi e Saúl, marcaron dous dos tres goles cos que os branquiazuis maquillaron o resultado. O outro foi obra de Alonso nunha segunda parte na que a Residencia tivo máis luces que sombras e na que marcou o camiño a seguir.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu