Exhibición do Polvorín FC, que xa agarda adversario para a final

En Copa Provincial, Xuvenil

A eliminatoria rompeuse na segunda parte despois de chegar 2-0 ao descanso

 

POLVORÍN CF 9 – LOURENZÁ 0

O Polvorín FC converteuse no primeiro finalista da Copa tras impoñerse ao Lourenzá en Montirón. Os de Kubala, que empezaron a competición titubeantes -clasificáronse para cuartos ante o Viveiro CF B a penaltis e cunha vitoria pola mínima ante o Monterroso para as semifinais- reforzáronse de cara o partido decisivo cun amplo triunfo sobre os laurentinos.
Os amarelos afinaron a puntería na segunda metade xa que, ao descanso, o encontro estaba dous a cero.
Dani, que se estreaba como goleador co equipo, abriu o marcador cun remate de cabeza nun saque de esquina e Iago, que acabaría o encontro con catro tantos, encarrilou o triunfo cun remate cruzado tras cazar entre os centrais un balón diagonal de Speedy.
O Lourenzá competiu na primeiro media hora de xogo pero pouco a pouco foise borrando do campo. Na segunda metade, sen cambios no banquiño, a ausencia foi total. O partido converteuse nun monólogo do Polvorín, que levou o marcador ata o definitivo 9-0.
O equipo que dirixe Kubala espera rival para disputar a final da Copa. O adversario sairá da semifinal que disputan esta tarde, a partir das 19:00 horas, a Sarriana e a Residencia B no campo da Ribela.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu