Excesivos factores en contra

En Infantil, Liga Galega

A Milagrosa cedeu os tres puntos en ferrol nun partido marcado pola baixa de Bruno Vasco, a lesión de Marcos no quencemento e a de Pablo aos 10 minutos

A Milagrosa viaxou a Ferrol coa intención de estrear a conta de puntos ante o Galicia Caranza, pero os ferroláns quedáronse con todo o botín en xogo nun partido marcado polos contratempos en forma de ausencias e lesións por parte dos de Madriles.
Bruno Vasco perdeuse o encontro por lesión, Marcos non puido empezar ao lesionarse no quencemento e Pablo abandonou o terreo de xogo aos dez minutos tamén lesionado.
Todo iso fixo que a Milagrosa non se metese en dinámica de partido desde os primeiros minutos, nos que ata a lesión de Pablo mantiveron a orde defensiva. A partir de aí o Galicia Caranza aproveitou o desconcerto lucense para romper o encontro ao seu favor.
O un a cero chegou ao cuarto de hora cun centrochut, o dous a cero á media hora de partido tras un erro defensivo e o tres a cero antes do descanso cun gol de penalti do Caranza.
Nos vestiarios Madriles aproveitou para volver ordenar ao seu equipo, corrixiu defectos e viuse unha mellor versión da Milagrosa nos segundos corenta minutos.
A loita centrouse no mediocampo, con Iago evitando que a conta fora máis ampla ao realizar dúas boas intervencións e coa Milagrosa ben plantada no terreo de xogo, pero sen mordente en ataque para poder recortar distancias no marcador final.
Próxima xornada A Milagrosa recibirá a próxima xornada ao Bergantiños no Luís López Gorgoso de Frigsa. Un rival chamado a ser da súa Liga e que suma sete puntos tras gañar dous encontros e empatar outro dos nove disputados ata a data na Liga Galega infantil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu