Excesivo castigo para unha boa versión do Calasancio en Vigo

En Infantil, Liga Galega

O Rápido de Bouzas tivo toda a pegada que lle faltou aos monfortinos, que tiveron que remar contracorrente dende o inicio ao chegar o 1-0 aos 6 minutos

O Calasancio volveu sen carga de Vigo tras perder por tres goles a un ante o Rápido de Bouzas, pero como sucedeu en Ourense ante o Pabellón, os de Manu Rodríguez quedaron coa sensación de poder conseguir como mínimo parte do botín en xogo.
Ao Rápido de Bouzas chegoulle con aproveitar os erros illados do Calasancio e explotar o xogo sobre os seus dous puntas, moi físicos e determinantes nesta categoría.
Consciente diso Manu Rodríguez traballou ao longo da semana o cambio de sistema que expuxo ante o Rápido de Bouzas, con tres centrais, dous carrileros, tres medios e dous puntas. O obxectivo era claro, minimizar os erros atrás e paliar as ausencias de Carmen e Brais Mariño da mellor forma posible.
Con todo, o plan tan só se mantivo sobre o guión seis minutos, que foi o que tardou o Rápido de Bouzas en inaugurar o marcador tras unha indecisión defensiva.
Ademais, na primeira parte, o Calasancio tivo o vento en contra aínda que aos poucos foi atopando o seu sitio no campo, xerou ocasións e a sensación era de que o empate chegaría dun momento a outro.
Pero o que chegou foi un xerro de auga fría co dous a cero. Nesta ocasión ao aproveitar un xogador local un rexeite e poñer o balón en toda a escuadra.
Ao final da primeira parte as sensacións e o marcador eran opostas, pero por diante aínda quedaban 40 minutos e co vento a favor.
O Calasancio foi mellor, moito mellor desde o inicio, e Cereijo non tardou en recortar distancias cunha acción persoal que rematou cun disparo desde dentro da área tras un roubo de balón.
O propio Cereijo e Dalama, cun remate ao poste, amagaron co empate a dous, pero este resistiuse e nun dos poucos descoidos do Calasancio na segunda parte, o Rápido de Bouzas sentenciou o encontro co inxusto e avultado tres a un final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu