Excesivo castigo para un bo Polvorín que mereceu máis na primeira parte

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“A pesar del marcador final dimos una gran imagen. Seguimos progresando y los resultados llegarán”

BERTAMIRÁNS 6 – EF POLVORÍN 1

O Polvorín disputou unha hora de partido moi boa ante o Bertamiráns, polo que os tres goles encaixados no tramo final non empañan o bo traballo realizado polos de Caballero ante un gran rival.
De inicio as cousas non pintaban ben para os de Montirón xa que, nada máis empezar, aos tres minutos, o Bertamiráns inaugurou o marcador. Cando aínda non se cumprira o cuarto de hora inicia chegou o dous a cero, un gol no que os lucenses reclamaron fóra de xogo.
Con este resultado no marcador, máis dunha hora de partido por diante e o potencial do Bertamiráns, todo facía presaxiar un partido que se lle faría moi longo ao Polvorín.
Con todo, cando peor pintaban as cousas para os de Caballero, o seu equipo levantou a cabeza e disputou minutos de moita calidade, dos mellores deste curso.
O bo xogo tivo a súa recompensa co dous a un que asinou Juanma colocando o balón na escuadra rival, e na última xogada da primeira parte un defensa do Bertamiráns sacou sobre a liña de gol un balón que puido supoñer o empate a dous.
Na segunda parte o Polvorín mantívose no partido nos primeiros minutos, ata a hora de xogo. Xa que co tres a un, nun agasallo defensivo, o partido rompeuse por completo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu