Excesivo castigo para o Rácing Villalbés B no Roca

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

IVÁN LAMAS – RC Villalbés B

“Tivemos ocasións, pero faltounos acerto”

RC VILLALBÉS B 0 – URAL B 1

O Rácing Villalbés B non tivo o seu día de cara a gol no encontro disputado o pasado sábado pola mañá no Roca ante o Ural B. Os de Iván Lamas xeraron claras ocasións de gol, pero o balón non quixo entrar e os herculinos leváronse todo o botín en xogo cun solitario tanto na recta final.
Ata entón as forzas estiveran igualadas nunha primeira parte na que os chairegos monopolizaron as ocasións, sendo as máis claras nos primeiros minutos cadanseu remate de Gabri e Martín, e outro de Carlos o que non atopou portería cando xa se cantaba o gol no Roca.
Co paso dos minutos Cristian, Martín e Gabri probaron sorte con disparos desde fóra da área, mentres que o Ural B deixou todo á súa sorte en accións a balón parado nas que a defensa racinguista e Nesi mostráronse moi seguros.
Co cero a cero inicial chegouse ao descanso, e na segunda parte o Villalbés B perdeu un pouco o control dun partido que entrou nunha fase de ida e volta na que se atopaban máis cómodos os visitantes.
Nesi luciuse para manter o cero a cero atallando unha ocasión moi clara do Ural B, que a falta de pouco máis de dez minutos deu coa diana para inaugurar o marcador ao rematar unha falta afastada colgada á área na que o balón entrou na portería tras rebotar no poste.
Na recta final o Villalbés B, con defensa de tres, envorcouse en busca do empate e dispuxo de ocasións para logralo, sobre todo cun remate de Orosa e outro de Seijas que se foi ao poste, xa nos últimos instantes de partido.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu