Excelencia na Madroa dun gran Lugo ao que o punto incluso lle sabe a pouco

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

ÁLEX ANTÓN – CD Lugo

“Gran traballo de todo o equipo”

CELTA DE VIGO 1 – CD LUGO 1

O Lugo debutou no 2018 ao grande tras sumar un punto que ata sabe a pouco para os de Álex Antón na Madroa, onde se viu un partido de poder a poder no que os lucenses foron de menos a máis.
De inicio o Celta tomou as rendas do encontro e dispuxo das primeiras ocasións. Primeiro cun gran remate de Álex ante o que se luciu Julen para evitar o un a cero, pero aos vinte minutos os olívicos inauguraron o marcador tras un rexeite dentro da área.
A partir de aí, lonxe de baixar os brazos, o Lugo deu un paso á fronte, e grazas a iso Matías devolveu as táboas ao marcador tras un saque de esquina que rematou en primeira instancia Rubi.
As forzas volvéronse a igualar ata chegar ao descanso. Xa na segunda parte chegou o debut de Nathan, xogador que leva en Lugo desde pretemporada que non puido tramitar antes a súa licenza federativa.
Os segundos corenta e cinco minutos foron moi dinámicos, cos dous equipos buscando o gol. O Celta con máis posesión, pero o Lugo, con moitísima orde, deu unha gran sensación de perigo á contra.
Adri tivo nas súas botas o un a dous e Jesús reclamou un penalti cando encaraba ao porteiro nunha recta final de partido no que os dous equipos puideron marcar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu