O Xove Lago, campión prebenxamín

En Prebenxamíns, Primeira División, Principal grande

O Xove Lago proclamouse campión provincial tras vencer nas Gándaras ao Sagrado Corazón, un rival que a fin de semana pasada os achegou un pouco máis ao título ao empatar co Lugo, o outro aspirante á primeira praza.

Os de Kiko Rey tiñan que certificar o campionato sumando alo menos un punto pero lograron os tres, con traballo, porque os de Brais Rozados non renunciaron a seguir exercendo de xuíces da Liga.
Os mariñaos acabaron administrando a renda de 0-2 lograda na primeira metade ante un equipo local que nunca tirou a toalla. Ao final, celebración eufórica do Xove Lago.
O próximo reto dos de Kiko Rey é o Campionato Galego ao que tamén acudirá o CD Lugo A, segundo clasificado. Os albivermellos pecharon o Provincial cunha vitoria ante o Santiago de Foz. Impuxéronse na segunda metade tras o 1-1 co que se chegou ao descanso. O Viveiro tamén rematou a competición cunha vitoria. A pegada dos celestes foi determinante no Marcos Gómez, onde o partido quedou decidido na primeira metade. Residencia e Piringalla xogan o xoves ás 18:30 na Cheda.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu