Estraño partido do Lugo B para depedir un bo curso

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RODRÍGUEZ  – CD Lugo B

“Non estivemos ben na primeira parte, e logo as expulsions condicionaron o resto do partido”

 

CD LUGO B 1 – AROSA 3

O Lugo B despediu a tempada con boa nota na Liga Nacional xuvenil, pese a terminala cunha derrota en casa ante un Arosa que, pese á vitoria, descende á Liga Galega polos arrastres, aínda que evitou unha das catro últimas posicións.
A maior necesidade de puntos dos visitantes fíxose valer nos primeiros corenta e cinco minutos, nos que o Arosa foi mellor e plasmouno no marcador co cero a tres co que se chegou ao descanso.
O cero a un non tardou en chegar, con tan só sete minutos disputados, o cero a dous ao cuarto de hora, acto seguido chegou unha rigorosa expulsión de Cristian que deixaba aos lucenses cun xogador menos durante unha hora de partido, e o cero a tres nos instantes finais do primeiro tempo.
Nos vestiarios Bruno Rodríguez conseguiu enchufar ao Lugo B, véndose unha mellor versión ao comezo da segunda parte na que Rubén recortou distancias cun remate de cabeza no segundo pau tras un centro de Jesús.
O Lugo B soñou coa remontada, sobre todo tras dispoñer Álex dunha clara ocasión, pero as esperanzas lucenses fóronse pola borda coa segunda expulsión, a de Nassim, nunha acción na que o árbitro considerou que o mediocentro agredira a un xogador rival nunha disputa de balón.
A partir de aí o encontro apenas tivo transcendencia, xa que o Lugo B, pese a defenderse con orde, non podía ter saídas claras con perigo ante un Arosa poboado en defensa e que deixou pasar os minutos ata o asubío final na Fonte.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu