Esta vez, a Residencia puido coa súa besta negra cadete

En Cadete, Principal, Provincial

Manoel sentenciou á Sarriana con dous goles.  Os da Ribela eran un dos poucos equipos que lle restaba puntos os da Cheda nas últimas tempadas

A Residencia é nas últimas tempada o eterno aspirante ao ascenso á Liga Galega cadete. Os da Cheda son os grandes dominadores provinciais nos últimos cursos nos que a Sarriana era un dos poucos equipos capaces de restarlles puntos e ata de arrebatarlles o título zonal como a pasada campaña.
Os blanquizuis empezaron a cambiar o guión esta tempada o pasado venres tras impoñerse na Ribela por cero a dous con dous goles de Manoel na segunda parte para sumar os tres primeiros puntos nun Grupo Centro no que hai ata cinco equipos empatados no primeiro posto, todos eles con tres puntos, Sarriana e Piringalla con dous encontros disputados e Residencia, Monterroso e Becerreá con un.

Grupo Norte
Burela e Ribadeo toman o mando da competición con dúas vitorias noutros tantos encontros disputados. Tan só o Foz, que aprazou o seu encontro en Lourenzá, podería igualar este rexistro. O Ribadeo segue sen encaixar goles e xa suma 18 a favor tralo seu paso por Vilalba, onde gañou por cero a oito.
A próxima xornada depara un Ribadeo – Burela no Pepe Barrera nun duelo de alturas polo primeiro posto.

Grupo Centro
Xornada marcada polo debut do Polvorín A, un aspirante ao título Provincial que tivo que suar para impoñerse a Casás por un gol a dous. Igual de axustada foi a vitoria do Sagrado Corazón ante o Abuín, por un solitario gol de David, mentres que o Castro impúxose na Ribela por un gol a tres e a Residencia B conseguiu a vitoria máis folgada tralo 11-0 que asinou ante a Ferroviaria no Municipal Rodríguez Lago das Gándaras.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu