Erros puntuais escureceron o bo partido do Calasancio

En Liga Galega, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENIS LÓPEZ – CP Calasancio

“Outros tres puntos importantes que deixamos escapar por erros propios”

CALASANCIO 1 – PABELLÓN B 3

Unha xornada máis, o Calasancio chegou ao final do encontro coa sensación de deixar escapar puntos. Os monfortinos recibiron un duro golpe ao comezar o partido, 0-1 tras un centro lateral no minuto catro, pero repuxéronse e, tras as dúbidas do primeiro cuarto de hora, fixéronse co control do xogo, empezando a achegarse á area visitante e creando as primeiras ocasións. O seu dominio refrendouse co empate de Diego nun lanzamento de falta directa.  Na segunda metade, o encontro reanudouse con dez minutos de dominio pero, dous tantos en apenas cinco minutos, no 55 e no 59, puxeron o partido moi costa arriba para os de Denis López, que o seguiron intentando, con máis corazón que cabeza. A ocasión máis clara tívoa Jordi nun tiro ao longueiro que Juan tampouco conseguiu transformar no rexeitamento.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu