Encontro condicionado pola contundencia en ambas áreas

En Infantil, Liga Galega Infantil

Máis luces que sombras no Calasancio pese a derrota ante o Arosa en Monforte

O Calasancio, un dos poucos clubs que pode presumir de ter competido na Liga Galega infantil desde a súa creación, debutou esta tempada con derrota ante o Arosa nos Escolapios tras aprazar o primeiro encontro de Liga.
O Arosa levouse todo o premio nun partido máis igualado do que indica o marcador final. A principal diferenza estivo na contundencia en ambas áreas e iso viuse desde moi pronto.
O cero a un chegou aos cinco minutos, o que obrigou aos de Manu Rodríguez a ter que remar contra corrente desde o inicio co marcador en contra.
O Calasancio asumiu o reto de levar o peso do partido pero o Arosa mostrouse moi firme en defensa e apenas concedeu ocasións ao longo da primeira parte.
Xa na segunda, Lamús dispuxo da ocasión máis clara para poder empatar ante un Arosa encerrado no seu campo. Co paso do partido o Calasancio abriu máis o campo cun equipo practicamente novo ao estar tan só Carmen e Iago do ano pasado e cun alevín no once inicial, Dalama. En conxunto e sobre todo en actitude o Calasancio estivo moi ben, pero non atopou o camiño do gol e o Arosa pechou o encontro co cero a dous no último minuto.

También puedes leer!

O Burela está a oitenta minutos do ascenso

  BURELA 3 – NARÓN 2 O Burela esta a un partido, a oitenta minutos de facer historia ao

Leer más...

Tan só os penaltis afastaron ao Xove Lago do soño da fase final

Os de Kiko Rey caeron en semifinais ante o Calvo Sanz, campión zonal na fase disputada en Narón, e

Leer más...

A fortuna non estivo de cara

CD Lugo e Residencia alevín remataron cuarto e quinto respectivamente nas súas sedes, nas que caeron eliminados ante os

Leer más...

One commentOn Encontro condicionado pola contundencia en ambas áreas

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu