Encomiable esforzo con recompensa final

En Liga Nacional, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

O Lugo B vaciouse na Cheda para puntuar ante o Celta de Vigo B, de novo campión da Liga Nacional xuvenil

 

CD LUGO B 2 – CELTA B 2

O Lugo B sumou un punto que sabe a vitoria na Cheda, onde os de Mourelos despediron a tempada como locais ante o Celta B, campión da Liga Nacional xuvenil un curso máis.A proba era de lume, pero a dinámica dos lucenses tiña moito que dicir ante o mellor equipo da competición. Con todo, desde os primeiros minutos viuse que o Lugo B competiría moi xusto de forzas, con pouca frescura pola acumulación de partidos e coas pernas pesadas. Pese a iso, sorprenderon cunha efectiva presión en campo rival que desencadeou nunha clara ocasión de Xabi Domínguez, cun remate practicamente a porta baleira.
Co paso dos minutos ao Lugo B custoulle cada vez máis chegar á presión e o Celta B tivo o control do xogo, inaugurando o marcador no ecuador da primeira parte.
Tralo descanso chegou a exhibición de pundonor lucense. O Lugo B sacou forzas de flaqueza e xa no primeiro minuto iniciou un carrusel de ocasións claras por medio de Christian.
Yago aportou frescura en ataque e fixo o un a un, pero tan só catro minutos despois, nunha acción na que se pediu fóra de xogo, o Celta B volveu tomar o mando.
O Lugo B, coa luz da reserva encendida, negouse a someterse, levantouse e nunha oda ao esforzo volveu xerar ocasións. A máis clara antes do empate tívoa Xabi Becerra cun man a man practicamente na área pequena, na que o porteiro rival lle gañou a partida, polo que Álex Ramos recibiu o premio do gol co dous a dous final tras un rexeite do porteiro vigués, logo dun disparo de Yago que incluso tivo a última do partido para asinar o tres a dous na Cheda.

 

“Merecemos máis, rematamos fundidos. Que orgullosos debemos estar!!!” CASTRO Lugo B

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu