En busca da regularidade

En Liga Galega, Xuvenil

Dúas partes distintas tras chegar ao descanso con 3-1

A Residencia segue en busca da regularidade que lle permita sumar de tres en tres ante equipos inferiores en potencial. Unha boa proba diso foi o sucedido en Riveira, onde a pesar de empatar con dous goles no último suspiro, a sensación foi de perder dous puntos máis que gañar un.
A primeira parte foi moi discreta, e iso que aos dous minutos Batallón inaugurou o marcador ao rematar un saque de esquina no primeiro pau. O cero a un e a sensación de superioridade foron malos acompañantes para a Residencia, que viu como o seu exceso de relaxación metía ao Riveira de cheo e os locais dábanlle a volta ao marcador con dous goles en dous minutos.
Coa Residencia tocada, os de Dani Galán estiveron a piques de caer á lona ao encaixar o sorprendente tres a un á media hora de xogo tras unha acción a balón parado.
Cunha hora de partido por diante os da Cheda podían tirar a toalla ou reaccionar, e elixiron isto último.
Dani Galán fixo os cinco cambios no descanso, pero a Residencia tivo que xogar con 10 case toda a segunda parte ao lesionarse Diego aos cinco minutos. A pesar diso a Resi foi mellor, demostrando que cando quere pode.
Bata volveu tirar de galóns de capitán e o central volveu ver porta ao rematar outro saque de esquina ao fondo da portería. Veloso tamén acudiu á súa cita co gol para empatar o encontro no tempo de desconto, tras un centrochut de Fonseca.

También puedes leer!

O Burela está a oitenta minutos do ascenso

  BURELA 3 – NARÓN 2 O Burela esta a un partido, a oitenta minutos de facer historia ao

Leer más...

Tan só os penaltis afastaron ao Xove Lago do soño da fase final

Os de Kiko Rey caeron en semifinais ante o Calvo Sanz, campión zonal na fase disputada en Narón, e

Leer más...

A fortuna non estivo de cara

CD Lugo e Residencia alevín remataron cuarto e quinto respectivamente nas súas sedes, nas que caeron eliminados ante os

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu