Empate no derbi entre Polvorín e San Roque e vitorias de Residencia, Palas, Monterroso e Sarriana

En Grupo Sur, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

Táboas no derbi de Montirón

 

POLVORÍN A 1 – SAN ROQUE 1

Reparto de puntos no derbi de Montirón entre o Polvorín e o San Roque tras noventa minutos nos que se definen moi ben este tipo de encontros de rivalidade.
O Polvorín quixo e conseguiu levar o peso do partido ante un San Roque ao que non lle importou, xa que esperou ordenado en repliegue a súa oportunidade de crear perigo á contra. O plan executouse á perfección nos primeiros corenta e cinco minutos que terminaron co cero a cero inicial.
Tralo paso polos vestiarios o Polvorín inaugurou o marcador cun gol de Bilal co que parecía que cambiaria encontro. Con todo, o San Roque non perdeu a compostura, continuou metido no encontro e tivo a súa recompensa cun golazo que asinou Mauro nun disparo dende trinta e cinco metros co que devolveu as táboas ao marcador. A partir de aí, o Polvorín volveu á carga, pero con máis corazón que cabeza ante un San Roque que non se descompuxo.


 

Bata e Pedro puxeron fin á resistencia do Becerreá nos últimos dez minutos

 

RESIDENCIA 2 – BECERREÁ 0

A Residencia puxo fin á resistencia do Becerreá con dous goles no tramo final do encontro. Ata entón os de Antón Méndez defendéranse con orde e ata á contra dispuxeron dalgunha ocasión para adiantarse no marcador.
O Becerreá se replegouse de inicio e á Residencia faltoulle chispa e continuidade no seu xogo para poder xerar perigo. A ocasión máis clara na primeira parte foi para os visitantes, cun disparo de Javi ao pau e outra contra na que Brais luciuse para evitar o cero a un.
Xa na segunda parte a Residencia imprimiulle unha marcha máis ao xogo e co paso dos minutos o Becerreá foi acusando o esforzo físico.
Os de Dani Galán roldaron o gol, pero este fíxose de rogar ata o tramo final, no que Bata inaugurou o marcador e Pedro, dende o punto de penalti, fixo o definitivo dous a cero co que a Residencia mantén o pleno de puntos na Cheda.

 


 

O Palas máis fiable no que vai de curso

 

PALAS 3 – S.CORAZÓN 1

O Palas disputou o seu encontro máis completo no que vai de tempada ante un Sagrado que apenas puido defenderse ao longo dos noventa minutos. Na primeira parte Pol fixo o cero a un, mentres que na segunda Samuel ampliou a vantaxe antes de que Iago recortase distancias cun disparo de falta directa, pero Brais selou o tres a un definitivo.

 


 

O Monterroso gaña con 2 tantos de Iago

 

TABOADA 0 – MONTERROSO 2

O Monterroso adiantábase na Medela mediada a primeira parte cun gol de Iago tras unha xogada persoal. Na segunda parte de novo Iago facía o segundo e definitivo gol que daba a segunda vitoria da tempada aos de Alberto. O Taboada, que non puntúa dende fai dúas xornadas, buscará facelo na próxima ante o Sagrado Corazón.

 


 

Os goles de Colón dan aire á Sarriana

 

QUIROGA 2 – SARRIANA 6

Cinco tantos do dianteiro sarriao, sumados ao de Vázquez, déronlle á vitoria aos de Negrete que, faltos de fluidez, recurriron á pegada para levarse o encontro. O Quiroga puido poñerse por diante na segunda metade cando o marcador era de 1-1, foi entón cando apareceu Colón, con cinco goles en menos de 45 minutos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu