Emoción e igualdade ata o final no grupo do Norte xuvenil

En Principal, Provincial, Xuvenil

Un empate  e dúas vitorias pola mínima na terceira xornada ligueira, de celebración de primeiros triunfos para Xove, Resi B, San Roque e Corgo

O grupo Norte amosou esta xornada a súa cara máis competitiva cun empate e dúas vitorias pola mínima. Unha delas a do Xove Lago que saborea os primeiros puntos. Residencia B, San Roque e Corgo tamén celebraron os seus primeiros triunfos.

De poder a poder O guión do Villalbés-Foz levou aos máximos niveis a igualdade e a emoción que presidiron outros encontros do grupo Norte. Os chairegos adiantáronse por dúas veces, pero o empuxe do Foz abocou o encontro a un final aberto. Aos de Iván Gayol, nunha dinámica moi positiva nos minutos finais, faltoulles tempo para seguir perseguindo a remontada.
Na Marosa, o Burela-.Ribadeo, con precedentes que apuntaban á igualdade, cumpriu cos prognósticos. Carlos, cun gol ao fío do descanso, e Diego salvando un par de boas ocasións do Burela na segunda metade, inclinaron a balanza para os ribadenses.
O Xove salvagardou os tres puntos, os primeiros da tempada, nun apertadísimo final no que o Viveiro apurou as súas opcións de sacar algo positivo do encontro tras recurtar distancias cun gol de Likua a dez minutos da conclusión

Debut soñado
Primeiras alegrías tamén para Residencia B, que mantivo o partido baixo control ante a Ferroviaria, e San Roque. Os de Diego Barreiro, que se estreaban na competición, non puideron entrar con mellor pé na liga malia a falta de rodaxe do grupo. Cristian e Mariano asinaron a vitoria ante un Guitiriz, aínda tamén en construción.
Castro e Polvorín lograron as outras vitorias da xornada no grupo Centro. Os chairegos cos tres goles ante o Outeiro na segunda metade, e os amarelos, despois de superar un inicio da segunda metade na que foron superados polo Sagrado que, sen embargo, non puido manter o ritmo.

Premio á resistencia A lesión de López aos vintecinto minutos de encontro obrigou ao Quiroga, con só 11 xogadores para o encontro, a afrontar case 70 minutos con 10 ante o Palas. Os da Ulloa buscaron o gol por todas as vías pero unhas veces Ruli e outras a fortuna, que se colocou do lado local, impediron que o marcador se movese máis aló do 2-1.
Con menos, logrou un punto no Municipal de Becerreá a Sarriana. Os locais fixeron ocasións para ampliar a renda por riba do 1-0, entre elas un penalti lanzado por Javi ao pau, pero non acertaron e, a dez para o final, Fabián aproveitou un rexeitamento para rabuñar un empate.
O cadro de resultado do grupo Sur completouse con vitorias folgadas da Milagrosa e do Corgo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu