Dúas xogadas á contra tumbaron ao Calasancio en Pontevedra

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – Calasancio

“Volvemos ás andadas”

SALGUEIRIÑOS 2 – CALASANCIO 1

O Calasancio non puido confirmar nesta xornada as boas sensacións que deixou na anterior tras impoñerse ao Verín nos Escolapios, xa que o Salgueiriños modificou o guión previsto do partido coa súa formulación.
Os locais pecháronse atrás e presionaron no medio campo para roubar e saír rápido á contra, Un guión que xa se viu na primeira xogada do encontro na que Manu tivo que intervir para salvar o un a cero nun man a man.
O Salgueiriños, cun punta moi rápido, tivo as ideas moi claras ao longo do encontro para romper a dinámica de seis derrotas consecutivas. Unha formulación que se viu reforzada co un a cero á media hora de partido, como non, tras unha contra moi ben trenzada.
De aí ao descanso o Calasancio puido empatar ao dispoñer Tagüi e Abel de dúas claras ocasións. Con todo, o un a un fíxose de rogar ata a segunda parte, cando Diego rematou unha acción de estratexia. O Calasancio empezou a crer na remontada, pero unha nova contra local espertou aos monfortinos do soño ao establecer o definitivo dous a un.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu