Dúas vitorias seguidas para rematar o 2022

En Liga Nacional, Xuvenil superiores

O filial albivermello despediu o 2022 con dúas vitorias consecutivas cas que chega ao parón do Nadal instalado na zona media da clasificación na Liga Nacional.
Os de Roberto Fernández sumaron os tres últimos puntos en xogo este ano en Santa Isabel ante o Conxo Santiago, nun encontro no que souberon madurar e buscar ata encontrar o gol, e tamén sufrir cando foi necesario.
De inicio os composteláns cedéronlle o balón aos lucenses, algo que o Lugo B asumiu con gusto, con boa circulación de balón e paciencia para encontrar espazos ao superar liñas. A recompensa chegou á media hora de xogo ao inaugurar Xavi Iriarte o marcador cun disparo de falta directa.
Antes do descanso, Iker Calleja atopouse cunha gran parada do porteiro local cando xa se cantaba o segundo na expedición albivermella antes do descanso.
Xa na segunda parte os composteláns adiantaron liñas e Jorge Candal tamén reclamou o seu protagonismo ao evitar o empate na ocasión máis clara do Conxo á hora de xogo. Nos trinta últimos minutos os composteláns meteron ao Lugo B no seu campo e no treito final case na área, pero sabendo sufrir os lucenses como equipo apenas concederon ocasións para sumar os tres últimos puntos en xogo neste 2022 que remata con dúas vitorias consecutivas.

“SEGUIMOS MELLORANDO COMO EQUIPO. ESTAMOS ORGULLOSOS DE TODOS OS XOGADORES” ROBERTO FDEZ. – CD Lugo B

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu