Dúas prazas cadetes en xogo nas dúas últimas xornadas

En Cadete, Principal, Provincial

O Foz amarrou a clasificación cun empate ante o Ribadeo.  A loita pola segunda praza segue aberta no Sur tras a vitoria da Sarriana en Monterroso

Foz e Monterroso tiñan esta fin de semana dous encontros cruciais para amarrar a clasificación como segundos de grupo, que resolveron con sorte dispar.

Grupo Norte
Os de Burunda tiñan fronte ao Ribadeo unha complicada proba que pasaron cun empate a ceros e o mérito engadido de non encaixar ningún gol fronte aos de Coto, que marcaran en todos os partidos disputados. O punto logrado permítelle ao Foz afrontar con sosego as dúas últimas xornadas.
O cero a cero no Municipal é sintomático do complicado que resultou xogar ao fútbol nos campos da Mariña esta fin de semana. Tamén sufriron o forte vento Viveiro e Xove, que empataron a uns, e Lourenzá e Burela, que perdeu unha oportunidade para seguir sumando puntos na terceira praza. Con menos dificultades xogaron na Magdalena Villalbés B e Pontenova, que gañou e sumou a segunda vitoria na liga.
Grupo Sur
O Monterroso deixou escapar ante a Sarriana tres puntos cos que blindaría a segunda praza. A vitoria dos visitantes chegou nos intres finais cun gol á contra xusto despois de que Artai estrelase na madeira o que podería ser o triunfo local. O partido contra o Becerreá, que desperdiciu ante a Piringalla unha boa oportunidade para engancharse aos postos altos, será decisivo para a lista de clasificados para a segunda fase.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu