Dúas partes moi distintas da Residencia en Caranza

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

1-0 ao descanso en corenta minutos nos que os lucenses estiveron moi ben

 

G. CARANZA 7 – RESIDENCIA 0

A Residencia naufragou na segunda parte na Gándara ante o Galicia de Caranza ao encaixar seis goles nos segundos corenta minutos de partido. Ata entón, tralo visto no terreo de xogo na primeira parte, nada facía presaxiar un desenlace así.
A Residencia tivo o partido controlado desde o inicio e ata na recta final da primeira parte puido adiantarse no marcador nunha acción na que Alonso se plantou no man a man co porteiro ferrolán.
A Residencia perdoou pero o Galicia Caranza aproveitou a súa ocasión para poñerse por diante antes do descanso tras un roubo de balón na última xogada da primeira parte, un duro golpe para a moral dos lucenses, que na segunda parte desapareceron do campo e foron encaixando goles co paso dos minutos ata chegar ao avultado sete a cero que para nada se podían imaxinar trala primeira parte do encontro.

 

“Segunda parte desastrosa que nos impidió sacar provecho del buen trabajo que realizamos en los primeros cuarenta minutos” KAISER Residencia

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu