Dous goles de Nodar danlle un merecido punto ao Calasancio

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“El equipo se recupero del 2-0 a base de trabajo, intensidad y empuje. Tenemos que estar siempre al 100% si queremos conseguir el objetivo”

VERÍN 2 – CALASANCIO 2

O Calasancio debutou na segunda fase cun empate en Verín nun partido no que Nodar saíu ao rescate na segunda parte. Ata entón, os de Carlos Fontal, que empezaron con boas sensacións, fóronse difuminando ata chegar ao descanso.
Nada máis empezar o Calasancio meteulle o medo no cuarto aos locais cunha xogada de Adrián pola banda que estivo a piques de culminar Denis, pero co paso dos minutos o Verín deu un paso á fronte e inaugurou o marcador. Co un a cero o dominio local intensificouse e o Calasancio pasou polos seus peores momentos ata chegar ao descanso. Antes diso, encaixou o dous a cero co que o encontro poñíase costa arriba de cara á segunda parte.
Nos vestiarios Carlos Fontal conseguiu cambiarlle a cara ao seu equipo e viuse unha versión moi mellorada do Calasancio. Nodar pasou do lateral ao interior e tivo máis presenza en ataque. Os monfortinos meteron ao Verín no seu campo e asediaron a portería rival.
Nodar fixo o dous a un cun gran remate de volea tras un centro de Róber desde a banda esquerda a falta de pouco menos dun cuarto de hora para o final.
O Calasancio continuou monopolizando o encontro ante un Verín que renunciou ao ataque para defender o resultado, pero a falta de dous minutos, de novo Nodar, nesta ocasión cun remate de cabeza desde fóra da área tras un despexe do porteiro, selou o definitivo empate a dous. Un marcador que puido variar nun final de partido vibrante no que Adrián puido facer o dous a tres, pero tamén Moledo evitou sobre a bucina o tres a dous.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu