Dous empates e vitoria da Milagrosa, que é o primeiro líder do Provincial cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Provincial

Máxima igualdade na Cheda

 

RESIDENCIA 0 – CASTRO 0

Residencia e Castro empataron a cero na Cheda nun partido de máxima igualdade no que os dous equipos priorizaron empezar puntuando o Provincial, de aí o reparto de puntos final.
A presión do Castro sorprendeu por momentos a unha Residencia que soubo desde os primeiros minutos que sería moi complicado trenzar xogadas por dentro. Os de Adrián Suárez se amoldaron ao que pedía o encontro e a loita foi constante.
O capítulo das ocasións tamén estivo ao cincuenta por cento, con dúas claras de gol para cada equipo en cada periodo. Con todo, ninguén atopou o camiño do gol e na recta final os dous equipos deron por bo o empate para empezar unha carreira de trece etapas na que a clasificación dará moitas voltas.
Na próxima xornada a Residencia volve xogar en casa ao recibir ao Polvorín, que aprazou o seu encontro da primeira xornada ante o Xove, e o Castro repetirá a domicilio, xa que se medirá na Ribela coa Sarriana.

 


 

Ribadeo e Sarriana asinan táboas 

 

SD RIBADEO 2 – SARRIANA 2

Espectacular posta de longo do Provincial cadete no Pepe Barrera, onde se mediron Ribadeo e Sarriana nun gran encontro.
Aos dez minutos a Sarriana pegou primeiro co cero a un que subiu ao marcador Hamza nunha xogada marca da casa á contra. A partir de aí, Édgar foi un muro baixo paus para un Ribadeo que só puido empatar ao filo do descanso cun golazo por toda a escuadra de del Viso.
Xa na segunda parte García culminou a remontada cun disparo desde fóra da área, pero na recta final Marco devolveu as táboas ao marcador ao rematar unha falta lateral, cando tan só restaban cinco minutos para o final. Tempo no que a Sarriana quedouse con 9 xogadores polas expulsións de Marco e Ricardo, que non estarán ante o Castro a próxima xornada.

 


 

A Milagrosa segue sen freo 

 

MILAGROSA 9 – SAGRADO 0
A Milagrosa mantén no Provincial o alto ritmo que impuxo en toda a primeira fase, No seu primeiro encontro recibiu ao Sagrado Corazón, que se clasificou na última xornada tras asaltar Cerdeiriños.
Os de Madriles non quixeron sorpresas e sentenciaron o encontro pola vía rápida cunha primeira parte para enmarcar na que levaron o marcador ata o seis a cero ao final dos primeiros corenta minutos de partido. Xa na segunda parte, coa diferenza e o carrusel de cambios no que entrou o encontro, o partido tivo menos ritmo.
Na próxima xornada a Milagrosa viaxará a Xove para medirse cos mariñaos, que na primeira xornada aprazaron o seu encontro ante o Polvorin, mentres que o Sagrado Corazón recibirá ao Ribadeo nas Gándaras.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu