Digno debut ante un gran rival

En Infantil, Liga Galega Infantil, Principal

A Milagrosa debutou na liga galega infantil ante o Montañeros, un dos aspirantes a meterse entre os catro primeiros clasificados que loitarán polo título galego 

A Milagrosa oficializou o seu regreso á Liga Galega infantil onte pola mañá ao medirse nas Gándaras co Atlético Coruña Montañeros, un gran equipo que ten o obxectivo máis ambicioso ao querer meterse entre os catro primeiros ao final da primeira volta.
Pese a iso, a Milagrosa puido dar unha boa imaxe. Os de Madriles saltaron ao terreo de xogo coa predisposición adecuada e froito diso o cero a cero inicial mantívose no marcador ata o minuto vinte.
Co paso do partido o físico empezou a xogar un papel moi importante. Os herculinos inauguraron o marcador e ampliárono en apenas tres minutos pero, lonxe de irse do encontro ou de baixar os brazos, a Milagrosa recuperou o pulso con bos momentos nos que mirou aos ollos ao seu rival.
Pese a iso, no tempo de desconto da primeira parte, o marcador foise ata o cero a tres.
Nada máis empezar o segundo tempo o Montañeros fixo dous goles polo que, con máis de media hora por diante, o encontro parecía que se lle faría moi longo á Milagrosa.
Con todo, Madriles refrescou o equipo cos cambios e convenceu aos seus de seguir loitando, e iso tivo premio. Xa que malia non xerar ocasións, os herculinos tampouco aumentaron a diferenza final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu