Dez minutos de apagón na primeira parte

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

O Calasancio cedeu os tres puntos en xogo ante o Porriño encaixando tres goles consecutivos

 

CALASANCIO 0 – PORRIÑO 3

Penúltima escala da Liga Galega infantil en Monforte. O Calasancio recibiu ao Porriño e agora aos de Manu Rodríguez quédanlles dous encontros por disputar, un a domicilio, a próxima xornada ante o Areosa e o último en casa ante o Arousa.No Álex Blanco fíxose valer a maior necesidade de puntos, cun Porriño que se xogaba a permanencia e un Calasancio sen nada xa en xogo.
O Porriño saltou ao campo con moita intensidade nos primeiros minutos e fíxose co control do xogo a partir da posesión do balón ante un Calasancio ordenado e en repliegue que buscaba as contras para poder xerar perigo.
As forzas estaban igualadas, pero no ecuador da primeira parte chegou un apagón monfortino de dez minutos nos que o encontro quedou visto para sentenza.
O cero a un chegou tras unha seríe de rexeites na área local, con dous balóns estrelados nos postes incluídos. Sen marxe para a reacción chegou o cero a dous e acto seguido o cero a tres cun disparo desde a frontal da área co que o Porriño sentenciou o encontro.
Manu Rodríguez deu minutos a todos os xogadores na segunda parte, ofrecendo o Calasancio unha vez máis unha boa imaxe pero sen chegar a concretar ante a portería rival, nun partido similar ao disputado entre semana ante o Salgueiriños no que conseguiron sumar un punto a domicilio co empate a un ao final do encontro.

 

“Daremos la cara hasta el final y volveremos a esta competición”MANU RODRÍGUEZ CP Calasancio

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu