Desenlace final moi cruel para un Villalbés que no minuto 82 mantiña o empate sen goles

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

SIMÓN LAMAS – RC Villalbés

“Estamos preto da nosa mellor versión, e imos explotalo nos seguintes partidos. Como adestrador só podo estar orgulloso do partido”

OVIEDO 2 – RC VILLALBÉS 0

O Rácing Villabés volveu demostrar que é un equipo competitivo na División de Honra xuvenil. Os de Simón Lamas volveron sen carga de Oviedo, pero ben puideron, como mínimo, puntuar.
O traballo defensivo foi de matrícula de honra, deixando aos asturianos sen xerar ningunha ocasión clara de gol ao longo da primeira parte, na que Alberte e Hugo dispuxeron das máis claras.
O desgaste físico foi pasando factura, pero o Rácing Villalbés recuperou forzas no descanso para afrontar a segunda parte, na que apertaron os dentes nos primeiros quince minutos nos que o Oviedo queimou as súas naves ofensivamente.
O cero a cero mantívose no marcador, e coa entrada de Juanjo e Jorge o Villalbés volveu dar un paso á fronte ata dispoñer de ocasións para marcar. Con todo, a pegada correu a cargo dun Oviedo que inaugurou o marcador no minuto oitenta e dous e ampliouno no oitenta e seis, ante un Villalbés que levará máis dunha alegría e dará máis dun susto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu