Desenlace excesivamente cruel para o Rácing Villalbés B

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

IVÁN LAMAS – RC Villalbés B

“Contento polo traballo de todos os rapaces a pesar de que os demais resultados non nos acompañaron”

G. CARANZA 0 – RC VILLALBÉS B 1

O Rácing Villalbés coñeceu a pasada tempada a estas alturas do curso a versión máis feliz do fútbol cos ascensos do primeiro equipo á División de Honra xuvenil e do filial á liga Galega. Nesta, a moeda saíu cruz, con dous descensos.
Con todo, á marxe dos resultados, as dúas tempadas son para estar máis que satisfeitos, sobre todo en categorías inferiores nas que os chairegos van curtidos en mil batallas.
O descenso do primeiro equipo foi coa cabeza moi alta, tras competir de poder a poder durante toda a tempada, e os de Iván Lamas poden dicir o mesmo.
Chegan sen opcións á última xornada tras sumar 13 dos últimos 18 puntos en xogo, os últimos tres onte pola mañá no sempre complicado campo de Caranza, pero as estrañas vitorias de O Val ante o líder, e sobre todo o empate da pasada xornada en casa ante o Betanzos nun partido no que o Villalbés B mereceu todo o botín, certifican o descenso á liga Provincial.
En Ferrol o Rácing B mediuse contra un gran equipo, que loitou polo ascenso toda a tempada e coa calor, que obrigou a parar o partido ata en dúas ocasións para que os xogadores se hidratasen.
Ao descanso chegouse co cero a cero inicial, mentres que no segundo tempo Martín e Samuel chamaron á porta antes de que o propio Samuel fixese o cero a un cunha gran chegada desde segunda liña. O Rácing puido sentenciar con varias contras claras, pero non acertaron e terminaron sufrindo ante o asedio local con varios corners nos que o Villalbés B fíxose inmenso.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu