Descenso confirmado

En Infantil, Liga Galega Infantil

A Milagrosa perdeu a categoría de forma matemática tras caer ante o Imperátor na Frigsa

 

MILAGROSA 0 – IMPERATOR 5

Non por ser un segredo a voces deixa de ser algo triste. A Milagrosa perdeu a categoría tras perder ante o Imperátor en Frigsa nun partido no que se repetiu o guión da maioría dos partidos nesta segunda fase nos que a Milagrosa recibe un castigo excesivo no marcador respecto do sucedido ao longo do encontro sobre o terreo de xogo,
Na primeira parte os de Madriles estiveron francamente ben. Encaixaron o cero a un ao cuarto de hora cun disparo afastado pero Raúl e David tiveron dúas claras ocasións para poder empatar o encontro. Con todo, a pegada correu a cargo dos herculinos co dous a cero co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte, a Milagrosa volveu ter opcións, de novo por medio de Raúl con dúas ocasións coas que o equipo se puido meter de novo na loita polos puntos.
Na recta final, como nos últimos partidos, tres goles do Imperátor desluciron no marcador o bo traballo que fixeron os lucenses ao longo do encontro.
Na próxima xornada, a Milagrosa ten unha longa viaxe a Riveira para medirse cun equipo que se xogará unha das súas últimas balas na loita pola permanencia na Liga Galega. Ante o Riveira conseguiron os de Madriles a súa única vitoria na primeira volta .

 

“El cero a cinco final es demasiado castigo para lo que se vió sobre el terreno de juego” MADRILES SDC Milagrosa

 

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu