Definidos os cuartos de final da Copa cadete

En Cadete, Copa Provincial

Xa só quedan oito equipos con vida na Copa Deputación cadete. A eliminatoria que medirá ao Polvorín co Ribadeo preséntase como a máis igualada, xa que nela veranse as caras dous equipos que competiron no Provincial.
O Ribadeo mesmo loitou ata a última xornada por un posto na fase de ascenso, pero a derrota no Pepe Barrera ante a Residencia deixoulles fóra. Pola súa banda ao Polvorín, que foi claramente de menos a máis no Provincial, buscará a súa mellor versión para meterse nas semifinais de Copa.
Polo mesmo lado do cadro aparecen Sarria e Burela. Os sarriaos están a tempo de maquillar unha tempada que empezaron ao grande co título zonal, pero viñéronse a menos no Provincial, mentres que o Burela superou a súa falta de efectivos e soña con ser unha das sorpresas. Toda vez que se certifique a súa clasificación xa que o encontro ante o Castro foi suspendido a falta de cinco minutos para o final con catro a un no marcador
Polo outro lado do cadro aparecen os favoritos, Residencia e Milagrosa. Os primeiros aínda inmersos na fase de ascenso e os segundos co pasaporte selado para a liga Galega a próxima tempada.
A Residencia viaxará a Xove e a Milagrosa a Foz. O factor campo a favor é o principal apoio para que os conxuntos mariñaos tenten dar a sorpresa.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu