Dani deulle o título ao CD Lugo B

En Autonómica Infantil, Copa Provincial, Infantil

Hat trick do albivermello ante o Ribadeo na Mina. Os mariñaos asediaron a portería capitalina, pero entre Jorge e os postes non atoparon o camiño do empate 

CD LUGO B 3 – SD RIBADEO 2

O Lugo B proclamouse campión de Copa tras vencer ao Ribadeo, O acerto dos albivermellos nas contras decantou un partido igualado e de moita intensidade na Mina, onde os ribadenses atoparon máis dificultades para xogar as súas bazas.Dani, que acabaría converténdose no gran protagonista do encontro cun hat trick, abriu o marcador aos dez minutos da primeira metade cunha vaselina que culminou un certeiro pase de André por riba da defensa rival. O Ribadeo acusou o golpe pero, co paso dos minutos, recobrou a confianza e inquietou a porteria de Iago con ocasións en xogadas a balón parado. Brais e David puideron igualar o encontro en dous saques de esquina.
O empate chegou no inicio da segunda metade, noutro córner no que, despois de varios rexeitamentos, Igna enviou o balón ao fondo das redes. O gol deu ás aos ribadenses, que tiveron nun man a man de Carlos e nun remate de Xavi que se estrelou contra a madeira a posibilidade de poñerse por diante. O Lugo B respondeu con máis eficacia. En apenas cinco minutos Dani fixo o 3-1, primeiro cun lanzamento de falta directa, e o segundo culminando cun extraordinario golpeo outra boa xogada do equipo.
O título afastábase, pero quedaban vinte minutos e o Ribadeo non tirou a toalla. Carlos recurtou axiña distancia e os últimos minutos foron un asedio por parte dos de Moro, negados de cara a portería, con ata dous remates á madeira en xogadas con todos os efectivos volcados sobre a área de Lugo, que aguantou o acoso sen caer. O premio foi o último trofeo da temporada, un bo anticipo para a vindeira campaña que xa será en Liga Galega.

 

“Un privilegio entrenar a este grupo de jugadores y compartir vestuario con Iván Noé. Gracias a todos”antón méndez Lugo B

“Noraboa ao Lugo B e sobre todo aos meus rapaces” MORO RIbadeo

 

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu