Cruz no tempo engadido

En Liga Galega, Xuvenil superiores

A moeda caeu cara para o Vila de Corpus nesta ocasión

O Vila de Corpus impúxose ao Calasancio na xornada inaugural da Liga Galega xuvenil cun gol no tempo de desconto co que a moeda ao aire caeu cara para os locais, e cruz para os monfortinos nun partido que calquera dos dous equipos puido gañar.
Os de Ponteareas levaron o peso do encontro pero as ocasións repartíronse ao longo dos noventa minutos nos que o Vila de Corpus mostrou o potencial dunha xeración que acumula éxitos e varios ascensos nas últimas tempadas.
Nico e Dani xeraron as primeiras ocasións para o Calasancio e Javi, en accións a balón parado, meteulles o medo no corpo aos locais en cada acción, mentres que o debutante Sebas despexou co pé a ocasión máis clara dos locais nos primeiros corenta e cinco minutos que terminaron co cero a cero inicial.
O Calasancio deu un paso á fronte tralo descanso, xerando moita sensación de perigo cada vez que roubaba o balón en tres cuartos de campo. A resposta tímida do Vila de Corpus veu cun gol anulado por fóra de xogo, polo que ao desenlace final chegouse con cero a cero.
Os dous equipos quixeron quedarse con todo o botín en xogo, pero nesta ocasión a fortuna sorriu ao Vila de Corpus cun gol no tempo de desconto ao rematar un punta local un saque de banda colgado sobre a área.
Ao final, mellores sensacións que resultado para un Calasancio que na próxima xornada debutará nos Escolapios recibindo ao Portonovo.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu