Cruel desenlace para unha boa e competitiva versión do Calasancio

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – Calasancio

“Demasiado castigo para o esforzo titánico que realizamos”

PORRIÑO 1 – CALASANCIO 0

O Calasancio caeu pola mínima en Porriño nun partido no que os de Cordas dispuxeron de ocasións, como mínimo, para poder sumar algún dos puntos en xogo.
O Calasancio xuntouse en campo propio para manter de inicio a súa portería a cero ante un bo equipo nun campo moi grande. O plan era chegar con opcións ao tramo final e este cumpriuse, xa que na primeira parte o Porriño tan só conseguiu xerar perigo en accións a balón parado, especialmente en saques de esquina nos que aproveitaron a súa maior envergadura.
Xa na segunda parte o partido abriuse moito máis e o Calasancio dispuxo das súas mellores ocasións por medio de Abel, cun remate que se foi rozando a escuadra, e de Iago, ao rematar un córner. Pero cando mellor estaban os monfortinos, o Porriño inaugurou o marcador nunha acción de pillería na que o balón saíu pola liña de fondo, pero un xogador local continuou a acción que desencadeou no un a cero final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu