Cruel desenlace final para o Viveiro ante o Bergantiños B

En Cadete Superiores, Liga Galega Norte

Derrota e baixas os celestes mereceron como mínimo puntuar nun partido que terminaron con 9

O Viveiro tivo un complicado debut esta tempada. Os de Luchi perderon ante un certeiro Bergantiños B e ademais inxustamente quedáronse con 9 xogadores na recta final por un mal entendido do árbitro, que expulsou a Boixet e Luís.Ambos serán baixa como mínimo a próxima xornada nun persoal tan curto como a celeste.
O cero a un chegou aos oito minutos tras unha perda de balón cando o Viveiro estábase asentando e o cero a dous cunha indecisión defensiva no ecuador da primeira parte.
Sen facer demasiado o Bergantiños B víase no marcador con dous goles a favor ante un Viveiro que tivo que remar contra corrente. No descanso Luchi variou o sistema de xogo pasando a un 4-4-2 co que tivo máis chegadas por fóra. Nunha delas Luís meteu ao Viveiro de novo na loita polos puntos co un a dous, pero tan só cinco minutos despois chegou o xerro de auga fría co un a tres que sentenciou o encontro.
No último minuto, Luís viu a segunda amarela e o árbitro pensou que Boixet se dirixía a el nun rozamento cun xogador visitante e sacoulle a vermella directa.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu