Cruel desenlace final na Cheda

En Cadete, Cadete Autonómica, Fase de Ascenso

ANTONIO GÓMEZ – SDC Residencia

“Fue un placer y un orgullo poder entrenar a estos chicos. El único responsable de perder esta eliminatoria soy yo”

SDC RESIDENCIA 2 – SAN TIRSO 3

A Residencia cadete viviu onte pola mañá a versión máis cruel do deporte. A que no último momento te aparta dun obxectivo que gañas a pulso. Os da Cheda quedaron eliminados polo San Tirso B polo valor dobre dos goles en campo contrario, cando xa tocaban coa punta dos dedos o ascenso. A Residencia, que dominara con autoridade no partido de ida, afrontaba o encontro de volta con 2-1.
Unha renda que se ampliou aos seis minutos, co un a cero que asinou García ao transformar un penalti. A eliminatoria poñíase de cara cun global de 3-1
Isto propiciou un exceso de relaxación que meteu aos coruñeses de novo no partido. Primeiro cun penalti que fallaron, e acto seguido co empate a un tras un saque de banda mal defendido.
A alarma de perigo apagouna un actor imprevisto, o porteiro Sanmiguel, que volveu poñer á Residencia por diante no marcador ao asinar o dous a un cun lanzamento de falta desde medio campo que se envenenou.
A segunda parte empezou con 4-2 no global e todo transcorreu sen aparente perigo ata que cundiu o pánico co empate a dous a falta de tan só cinco minutos para o final. Un gol dáballe a clasificación ao San Tirso, e os peores presaxios cumpríronse tras un pelotazo que atopou a un xogador visitante no segundo pau para marcar o definitivo dous a tres co que a Residencia espertouse do soño do ascenso no medio do pesadelo.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu