Cruel desenlace final en Cangas para un Calasancio que dominou durante 70 minutos

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“Tenemos que aprender de los errores que cometimos para corregirlos cuento antes”

ALONDRAS 4 – CALASANCIO 2

Dura derrota do Calasancio ante o Alondras nun duelo directo pola permanencia no que os monfortinos demostraron ser mellor equipo que os locais pese ao resultado final. Un catro a dous que desloce o partido do Calasancio, sobre todo no tramo final no que, cando máis controlado tiñan o encontro os de Carlos Fontal, o Alondras deulle a volta ao marcador.
Ata entón o partido púxose de cara co cero a un aos sete minutos de xogo tras unha falta lateral colgada á área por Xoel Irimia e que Nodar rematou ao fondo da rede.
O cero a un durou pouco, xa que tan só cinco minutos despois, tras unha acción similar a balón parado, o Alondras fixo o momentáneo un a un.
A primeira parte converteuse nun ida e volta, sen un dominador claro e cun Calasancio que volveu tomar o mando do marcador e a dispoñer das ocasións máis claras. Adrián fixo o un a dous á media hora tras unha parede con Xoel; e o propio Adrián, antes do descanso, serviu un bo centro que prolongou Nodar no segundo pau e Álex non chegou a rematar por moi pouco na ocasión máis clara para o un a tres na primeira parte.
Habería máis na segunda metade, na que o Calasancio foi máis consistente nos primeiros minutos, executando á perfección o plan trazado no descanso.
Os monfortinos tiveron tres ocasións para matar o encontro, dous en accións a balón parado e un man a man de Adrián que non puido finalizar. O encontro estaba totalmente controlado ante un Alondras inofensivo, pero cando máis cómodo estaba o Calasancio, os locais atopáronse co empate, e nada máis sacar de centro, nun roubo de balón fixeron o dous a tres en apenas dous minutos.
O Calasancio intentou reaccionar, pero non puido e encaixou o doloroso e excesivo catro a dous no último minuto. Un catro a dous que é irreal, pero que deixou os tres puntos en Cangas.
Na próxima xornada o Calasancio recibe nos Escolapios ao Choco.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu