Cruel derrota para un Lugo que tocou o podio coa punta dos dedos

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

Pérez adiantou aos de murado nun duelo directo polo terceiro posto ante o Ural. Os albivermellos foron mellores nunha primeira parte na que o 0-1 se antollou escaso

 

URAL 2 – CD LUGO 1

Dura derrota do Lugo en Elviña especialmente por como se produciu, xa que dentro dun partido espectacular entre dous dos mellores equipos galegos en idade cadete, os lucenses adiantáronse no marcador e encaixaron o gol da derrota a catro minutos para o final, poñendo fin a unha xeira de 7 vitorias consecutivas na División de Honor.
A primeira parte, sobre todo, foi moi boa por parte do Lugo ante un gran Ural. Os lucenses tiveron máis dominio e xeraron ocasións máis claras de gol. A primeira nun tanto anulado a Pérez tras centro de Manu nunha acción coa que o Lugo lle meteu o medo no corpo ao rival. Na segunda chegada con perigo, Pérez, cun centro chut, inaugurou o marcador no ecuador da primeira parte.
Antes do descanso Manu tivo o cero a dous cun man a man que rematou escorado e o balón rebotou pola parte exterior do poste. As sensacións ao final do primeiro tempo eran moi boas e o Lugo, ao descanso, era terceiro xa que igualaba o average particular tralo un a dous da ida e leva máis diferenza de goles a favor e en contra que os coruñeses.
Na segunda metade o Ural cambiou o signo do partido. Co marcador en contra, arriscou máis e saíulle ben xa que á hora de xogo empataron o encontro tras un barullo na área lucense.
Na recta final, os dous equipos buscaron o gol da vitoria e o premio chegou para os herculinos cun remate de cabeza no primeiro pau sen que Ruso puidese facer nada. O Lugo colgou balóns en busca do empate nos últimos instantes pero sen fortuna para poder como mínimo rabuñar un punto ante o Ural.

 

“Esforzo enorme dende o primeiro ata o último xogador” MARTÍN MURADO CD Lugo

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu