Coñecemos o calendario completo da División de Honra Xuvenil

En División de Honra, General, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores
Un total de sete equipos galegos competirán a próxima campaña na División de Honra Xuvenil. A competición arrincará a fin de semana do 3-4 de setembro

Conta atrás! Os clubs que militan na División de Honra Xuvenil, máxima categoría nacional entre os 17 e 19 anos, xa coñecen a folla de roteiro que deberán seguir durante a tempada 2022/2023. 30 apaixonantes xornadas, a excepción do Grupo IV con 34, teñen por diante cada un dos equipos.

O torneo, organizado en sete grupos, dará o pistoletazo de saída o próximo 4 de setembro e alongarase ata o mes de maio concluíndo, finalmente, a fin de semana do 6 e 7 do devandito mes.

Así, a División de Honra Xuvenil prepárase para volver vivir unha campaña chea de paixón, emoción e, sobre todo, talento coas novas promesas do fútbol nacional.

Sete representantes galegos

A División de Honra Xuvenil contará con 7 equipos galegos a próxima campaña:

  • Arosa SC
  • Coruxo FC
  • SD Compostela
  • RC Celta
  • Ural Español
  • CD Lugo
  • RC Deportivo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu