Sagrado e Monterroso loitarán por unha plaza na última xornada

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Sur Cadete Autonómica, Principal

Cerdeiriños terá a última palabra

 

POLVORÍN 3 – MONTERROSO 1

O Monterroso deixouse os tres puntos no Polvorín, polo que os de Brais Vázquez xogaranse o pase ao Provincial a unha carta ante o Sagrado Corazón en Cerdeiriños. O que gañe estará clasificado, mentres que o empate mete ao Monterroso entre os oito mellores.
En Montirón, o Monterroso xa puido selar o seu pase e de feito durante moitos minutos estivo clasificado ao inaugurar o marcador Iván co cero a un tras un lanzamento de falta directa aos cinco minutos.
Esperábase unha gran reacción do Polvorín, pero os de Caballero nunca estiveron cómodos, aínda que se atopáron co empate antes do descanso por medio de Óscar.
O un a un mantívose durante gran parte da segunda metade, na que o Monterroso atopábase cómodo en defensa e esperaba pola súa oportunidade á contra.
A falta de dez minutos o plan estivo a piques de saír á perfección, pero o Monterroso non acertou en dúas claras ocasións, mentres que o Polvorín fixo diana na recta final e sentenciou o encontro no desconto.

 


 

O Sagrado gañou a primeira “final” e disputará outra en Monterroso

 

SAGRADO CORAZÓN 3 – BECERREÁ 9

Dez minutos de inspiración ofensiva do Sagrado Corazón ao comezo da segunda parte déronlle a vitoria e tres puntos cos que seguen dependendo de si mesmos para estar no Provincial cadete.
Sagrado e Becerreá xogábanse o todo polo todo nas Gándaras, xa que a falta de dúas xornadas ambos dependían deles mesmos.
Todo isto viuse reflectido nos primeiros corenta minutos nos que os dous equipos estiveron máis pendentes de non encaixar gol que de facelo, polo que se viu moito centro do campo e poucas ocasións de gol.
Tralo descanso o Becerreá viuse sorprendido pola posta en escena dun Sagrado Corazón que, con dous goles de Adri, o mellor xogador do encontro, e de Xoán, cunha precisa vaselina, puxo terra polo medio no marcador, deixando sen opcións aos de Antón Méndez de cara á última xornada, mentres que os de Dani Díaz irán a Monterroso dependendo deles mesmos, gañando en Cerdeiriños estarán no Provincial cadete.

 


 

A Sarriana, a un punto do título zonal

 

SARRIANA 4 – RIBELA 0

Tras sumar os tres puntos no derbi ante o Ribela os de Pedro tan só necesitan un punto na última xornada ante o Becerreá para alzarse co título zonal, unha vez que a súa presenza no Provincial xa estaba asegurada.
No derbi, o líder, levou o peso do partido pero ao descanso o marcador reflectía un axustado 1-0 tralo gol de Prieto. Na segunda, con Abella no campo, chegaron tres goles máis.

 


 

Vitoria no derbi e opcións ao título 

 

AT. ABUÍN 0 – RESIDENCIA 6

A Residencia impúxose no derbi da Cheda ao Atlético Abuín por cero goles a seis, o que permite aos de Adrián Suárez chegar con opcións de conseguir o título zonal na última xornada. Para iso, necesitan gañar ao Polvorín e que a Sarriana perda en Becerreá.
O derbi aproveitárono os de Adrián Suárez para ir poñendo a punto a maquinaria de cara ao Provincial cadete, no que parten como un dos favoritos para revalidar o título e saldar a conta pendente coa fase de ascenso á Liga Galega cadete.

 


 

A Ferroviaria rabuña un punto con dez

 

PALAS 1 – FERROVIARIA 1

A Ferroviaria rescatou un punto pese a disputar o encontro con tan só dez xogadores ante un Palas que, de inicio, levou o peso do encontro pero ao descanso chegouse co 0-0 inicial. A Ferroviaria dispuxo dun penalti a favor que non transformou e na recta final, a falta de tan só dous minutos, Álex adiantou ao Palas. Con todo, nada máis sacar de centro, a Ferroviaria empató por medio de Dani.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu