Claros nunha Residencia que foi de menos a máis

En Infantil, Liga Galega

Tralo 6-0 da primeira parte, os de Kaiser venceron no global da segunda

A Residencia caeu en Oroso. A derrota pasaba por un dos prognósticos probables dado o potencial físico e técnico do conxunto local, e así foi, pero só nunha parte do encontro.
Nos primeiros corenta minutos o Oroso non concedeu opcións. Foi superior en todo e levou o marcador ata o seis a cero co que terminou o primeiro tempo.
Nos vestiario Kaiser tranquilizou ao seu equipo e convenceuno para saltar ao campo na segunda parte con máis agresividade. Todo isto engadido a que o Oroso fixo catro cambios no intermedio e retirou do campo ao seu mellor xogador, isto provocou que a Residencia dese un paso á fronte e mostrase a súa versión máis competitiva.
Alonso, ao transformar un penalti maquillou un pouco o resultado final e fixo que a Residencia se impuxera no computo da segunda parte por cero goles a un ante un Oroso que non quixo facer sangue nos segundos corenta minutos do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu