Cinco candidatos para dúas prazas no grupo Norte Cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Norte Cadete Autonómica

O Castro exhibiu o seu estado de forma

 

EF POLVORÍN B 1 – CASTRO 8

O Castro levouse os tres puntos en xogo en Montirón ante o Polvorín B con autoridade, e como premio os de Raúl Morán chegan ás dúas últimas xornadas entre os catro primeiros, o que lles daría o pase ao Provincial cadete.
O resultado final en Montirón é excesivo, xa que ata na primeira parte o Polvorín B adiantouse no marcador cun gran gol de Alfonso desde fóra da área.
O empate non chegou ata o ecuador desta primeira metade, pero ao descanso o Castro xa mandaba por un gol a tres.
Na segunda parte os chairegos foron moi efectivos e levaron o marcador ata o avultado un a oito final.
O Castro está entre os catro primeiros tras encadenar tres vitorias consecutivas por primeira vez esta tempada e tras aproveitar o empate entre o Lourenzá e a Milagrosa. Os de Raúl Morán xogaranse nas dúas últimas xornadas o cuarto posto co Lourenzá. Ambos están empatados a puntos, polo que de gañar ambos equipos os dous últimos compromisos, o pase sería para o conxunto con mellor diferencia de goles, xa que en formatos de competición a unha volta o global particular non ten valor.

 


 

O Lourenzá evitou o alirón da  Milagrosa a falta de seis minutos

 

LOURENZÁ 1 – MILAGROSA 1

 

Un gol de Aarón, ao transformar un penalti a tan só seis minutos para o final do encontro, deulle un valioso punto ao Lourenzá e evitou o alirón dunha Milagrosa que se deixou os primeiros puntos do curso en Santa Cruz.
Neira adiantou aos capitalinos na primeira parte, pero a intensidade local varreu á Milagrosa, sobre todo na segunda parte, na que como mínimo, o punto conseguido polo Lourenzá é unha xusta recompensa polo esforzo realizado

 


 

O Foz mantén vivas as súas opcións

 

VILLALBÉS B 4 – FOZ 5

O Foz segue metendo presión tras sumar na Magdalena a súa terceira vitoria consecutiva, polo que a falta de dúas xornadas mantense con lixeiras opcións de disputar o Provincial cadete. Ante o Villalbés os de Asier foron mellores na primeira parte, 0-2. Nos primeiros minutos do segundo tempo chegou o 0-3 e aínda que o Villalbés B nunca baixou os brazos, o Foz tivo o partido controlado.

 


 

O Ribadeo xa ten o billete asegurado

 

VIVEIRO B 0 – RIBADEO 7

O Ribadeo disputará o Provincial cadete tras impoñerse no Cembedo ao Viveiro B nun partido máis efectivo que vistoso por parte dos de Coto.
Ao descanso o marcador era de 0-2 tras facer o 0-1 Javi Pena á saída dun córner e o 0-2 Miguel ao transformar un penalti. Xa na segunda parte Carlos puido recortar distancias, pero co 0-3 o encontro quedou visto para sentenza.

 


 

A Residencia B asaltou a Marosa

 

BURELA 0 – RESIDENCIA B 3

Segunda vitoria consecutiva para a Residencia B tras asaltar con xusticia a Marosa, levándose os tres puntos co cero a tres final.
O encontro estivo marcado polo cero a un. Un gol que chegou moi pronto tras materializar Samuel un claro penalti sobre Juan. Na primeira metade non houbo máis goles, pero na segunda a Residencia B matou o partido con dúas contras que finalizaron Víctor e Miguel Vázquez.

 


 

O Xove está a un paso do Provincial

 

SAN CIPRIÁN 1 – XOVE LAGO 13

O Xove Lago pode asinar a súa presencia no próximo Provincial cadete se puntúa na próxima xornada ante o Lourenzá. De perder, os de Iravedra aínda terían un comodín máis que agotarían na última xornada ante o Porto de Burela.
Todas estas opcións pasan tras reaccionar ben á goleada sufrida na Frigsa a pasada xornada, impoñéndose coa mesma autoridade ao San Ciprián.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu