Ceri afastou o lume para o Calasancio no treito final

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENÍS LÓPEZ – CP Calasancio

“Mal partido por nuestra parte, pero sumamos un punto tirando de orgullo y esfuerzo hasta el ultimo minuto”

ALONDRAS B 2 – CALASANCIO 2

O Calasancio rescatou en Cangas un punto cando peor pintaban as cousas para os monfortinos, xa que a falta de sete minutos para o final o Alondras B mandaba por dous goles a cero no marcador e xogaba en superioridade numérica trala expulsión de Álex Blanco. Entón entrou Ceri en escena para devolver as táboas con dous goles no sprint final que recompensaron o esforzo visitante.
Este foi posiblemente o peor encontro do Calasancio na segunda volta, os monfortinos nunca se atoparon cómodos e ao cuarto de hora o Alondras inaugurou o marcador ao transformar un penalti.
Aos poucos o Calasancio foi asomando a cabeza nunha primeira parte de dominio local pero na que Javi Lamús puido empatar ao rematar un saque de esquina na recta final do primeiro tempo.
Denís López intentou variar o rumbo do partido e fixo tres cambios no descanso. Con todo, a reacción cortouna o dous a cero, de novo tras un penalti claro cometido por Álex Blanco, que pouco despois foi expulsado.
Sen o capitán e con dous a cero a falta de sete minutos o Calasancio saíu con vida da man de Ceri, que asinou o dous a un á saída dun córner e o dous a dous no último minuto tras roubarlle a carteira ao porteiro local nun centro de Brais.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu