CD Lugo B e Ribadeo disputarán a Final de Copa infantil

En Copa Provincial, Infantil

O Lugo B remonta e cítase co Ribadeo na gran final

PIRINGALLA 2 – CD LUGO B 5

O Lugo B xogará a final da Copa tras vencer á Piringalla.

Os laranxas lograron unha renda de 2-0 nunha boa primeira hora de partido, pero os visitantes déronlle a volta ao resultado xa antes do descanso e sentenciaron na segunda metade.
Lucas Camba abriu o marcador cun gol nun saque de esquina e, pouco despois, Calderón aproveitou un fallo de comunicación na defensa albivermella para chegar antes a un balón cedido ao porteiro.
En trinta minutos igualados o partido poñíase de cara para os locais, pero a contundente reacción do Lugo B cambio o signo do partido.
En pouco máis de cinco minutos, os albivermellos fixeron tres tantos cos que lograron ir ao descanso con vantaxe. Daniel recurtou distancias abrindo unha vía de auga na defensa local que aproveitaría despois Omar, con dous goles, para levar o marcador ata o 2-3.
Tras o paso polos vestiarios, a Piringalla quixo enderezar o rumbo perdido. Nun bo inicio Xián, cun tiro desde fóra da área, e Calderón, que fallou nun remate a un rexeitamento no punto de penalti, puideron igualar o encontro, pero o segundo gol de Dani, nunha contra, devolveulle o mando ao Lugo B. Noutra saída con velocidade dos visitantes, a defensa laranxa cometeu un penalti sobre Omar que el mesmo converteu no terceiro na súa conta particular.
A Piringalla buscou un arreón final, pero non conseguiu inquietar a portería defendida por Jorge. Un final que non estraga a boa temporada do equipo adestrado por Juan Gómez, moi por encima das expectativas da temporada.

 

O Ribadeo quere seguir sendo o rei da Copa

LOURENZÁ 0 – RIBADEO 3

O Ribadeo cura as feridas do Provincial tras quedarse fóra das prazas de promoción na Copa. torneo do que son vixentes campións. O último exame para os ribadenses foi en Santa Cruz ante o Lourenzá, que plantou cara na primeira metade, aguantando o cero a cero. Na segunda David abriu a lata nun corner, e Migui e Diego sentenciaron.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu