Catro galos nun só curral no Grupo Norte cadete

En Cadete, Principal, Provincial

Foz, Ribadeo, Xove Lago e Burela parten como claros favoritos pero non todos terán praza no Provincial para loitar por un posto na fase de ascenso

Ribadeo e Sarriana marcaron o ritmo goleador na xornada inaugural das ligas zonais na categoría cadete, as únicas de f-11 que se disputarán a dobre volta.

Grupo Norte

Os ribadenses marcaron axiña o territorio cun gol de Iván, aos dous minutos do inicio. Tamén tivo un debut ligueiro doce o Xove Lago, que aproveitou as facilidades que lle deu o Rácing Villalbés na zona defensiva para marchar cun 5-1 ao descanso. O Burela afinou a puntería na segunda metade para levar a vitoria da Mina, ante o Spórting Pontenova. O outro triunfo da xornada quedou en Foz, onde o equipo de Burunda aproveitou as súas condicióins físicas para superarar ao Viveiro CF B.

Grupo Centro
Mais caros se venderon os goles no grupo centro, con dúas vitorias pola mínima, da Residencia B, que gañou o derbi branquiazul ante o Abuín, e do Casás, que aproveitou as súas ocasións mellor que o Castro no Municipal.
Ferroviaria e Sarriana B asinaron o único empate da categoría nesta primeira xornada. Os da Frigsa adiantáronse na primeira metade, pero Cao chegou a tempo para igualar o marcador na segunda metade.

Grupo Sur

A Sarriana disfruta do liderado tras un partido no que o Antas lle formulou poucas esixencias. Por detrás, queda o Monterroso, tamén acertado cara a portería na estrea ligueira ante a Piringalla.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu