Castro, Foz e Pontenova aínda teñen opcións de clasificarse

En Grupo Norte, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

O Castro asalta a cuarta praza 

 

CASTRO 5 – XOVE LAGO 0

Cuarta vitoria consecutiva e cuarta praza para o Castro, que encara nunha posición privilexiada a última xornada da primeira fase. Os de Marcos Veiga chegaron a esta fase decivisiva nun gran momento de forma, como demostraron fronte ao Xove, que apenas puido discutirlles o control do balón. O dominio local traduciuse en ocasións e goles. Os dous primeiros, de Torito, despexoulles o camiño da vitoria antes do descanso. Tras o paso polos vestiarios o Castro volveu frío ao campo e tivo menos claridade á hora de saír coa pelota. Foron  uns dez minutos nos que o Xove quixo pero non puido aproveitar para achegarse no marcador e, co primeiro gol de Raúl, o Castro volveu ser o equipo da primeira metade. Un tanto máis de Raúl e outro de Alexis pecharon o encontro no Municipal. Os de Marcos Veiga terán que completar o seu sprint polo Provincial a vindeira xornada, en Outeiro de Rei. Os chairegos precisan os tres puntos para asegurar a súa praza.  O Foz e o Spórting Pontenova poderían beneficiarse do seu tropezo.

 

 

O Ribadeo mantén o pulso pola Liga

 

RIBADEO 4 – VIVEIRO B 2

Adrián Barrera marcou a diferenza nun partido competido, no que o Viveiro  mantivo as súas opcións ata o final. O Ribadeo levou sempre a iniciativa no marcador, pero o 3-2 de Mahdi nada máis comezar a segunda parte, abriu o encontro. Uns e outros tiveron ocasións, pero foi o goleador ribadense quen sentenciou sobre a bucina.

 


 

Diego e Álvaro tomaron o mando

 

COSPEITO 2 – PONTENOVA 4

Vitoria do Pontenova que sentenciou o encontro nos últimos vinte minutos. Coa entrada de Diego L. e Álvaro no mediocampo, os visitantes fixéronse co control do balón e anotaron o definitivo 2-4, que diluiu as posibilidades de puntuar dun Cospeito que necesita más ca ningún outro equipo a oportunidade de empezar de novo na Copa e esquecer as adversidades deste final de primeira fase.

 


 

O Burela defendeu o liderado ante un Foz aínda candidato ao Provincial

 

BURELA 2 – FOZ 1

O Porto de Burela ten na súa man repetir como campión do grupo Norte a costa dun Foz que, ao non sumar na Marosa, terá que esperar un tropezo do Castro para entrar no Provincial.  A intensidade coa que se xogou o partido estivo á altura da transcendencia do resultado. O Burela adiantouse nun saque de esquina pero, á volta do descanso, Jorge fixo o empate para o Foz tamén desde o córner.  No treito final, cos dous equipos buscando a vitoria, os visitantes acusaron máis o cansazo. Co partido roto e o Foz desfondado, a tres minutos do final, Vila marcou o tanto da vitoria local.  Os puntos e o gol average, que agora favorece aos de Oke, decidirán o man a man polo título zonal que manteñen co Ribadeo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu