Castigo excesivo para o CD Lugo B ante o Bertamiráns

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“El equipo mereció algo de premio en este encuentro”

BERTAMIRÁNS 3 – CD LUGO B 1

O Lugo B deixouse todo o botín en xogo ante o Bertamiráns pese a que os de Iván Alonso fixeron méritos máis que suficientes para como mínimo, compartilo ao término dos oitenta minutos de xogo, nos que a peor noticia foi a lesión de Asier na recta final do partido nunha mala caída na que se fracturou a clavícula.
Os lucenses tiveron que poñerse o mono de traballo dende o inicio ante un rival moi físico e cun fútbol directo ante o que estiveron moi concentrados e intensos.
Pese a iso, o Bertamiráns adiantouse no marcador cun balón longo no que un dianteiro local picou o coiro con clase ante a saída de Demetrio.
Pouco despois, aos dous minutos, ao bordo do ecuador da primeira parte, Rosón puxo un bo centro que Manu aproveitou para devolver as táboas co momentáneo empate a un.
A sensación era de que o Lugo B tiña o partido máis ou menos controlado, pero iso ante un rival tan directo como o Bertamiráns de pouco vale, e os locais demostrárono co dous a un antes do descanso ao aproveitar o rexeite dun córner e atopar o gol coa lei do mínimo esforzo.
Tralo descanso o Lugo B mantivo a mesma idea, pero nos primeiros minutos atopouse co tres a un. Nesta ocasión co infortunio dun tropezo co que o atacante local marcou a pracer.
Con media hora por diante e tres a un no marcador o Lugo B, lonxe de baixar os brazos, encerrou ao Bertamiráns no seu campo cun asedio sen derruba pese a dispoñer Manu e Brian de claras ocasións para poder, como mínimo, darlle emoción aos minutos finais e poder puntuar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu