Calasancio e Bouzas volven asinar a tregua

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“El fútbol no ha sido justo con nosotros, pero cuando lo das todo en el campo no se puede reprochar ni lo más mínimo. Enhorabuena a estos chicos por el trabajo realizado. Estamos en el camino correcto”

RÁPIDO DE BOUZAS 2 – CALASANCIO 2

O Calasancio tívose que conformar cun punto pese a merecer os tres en xogo nun duelo directo pola permanencia ante o Rápido de Bouzas. Un encontro que, como o da ida, terminou con empate a dous, polo que ambos equipos asinaron a tregua antes de seguir coa batalla na que Alondras, Alertanavia, Rápido de Bouzas e Calasancio xogaranse nas sete últimas xornadas seguir sendo equipos da Liga Galega infantil.
Conscientes da importancia deste encontro o Calasancio acusou a presión nos primeiros minutos, nos que os locais tiveron unha mellor posta en escena e adiantáronse no marcador aos nove de xogo en, tal vez, o único erro defensivo ao longo do encontro por parte do Calasancio.
Lonxe de virse abaixo os monfortinos apelaron á forza do grupo para dar un paso á fronte ata que no ecuador da primeira parte, Adrián asinou o golazo do encontro cun disparo afastado ante o que nada puido facer o porteiro local para evitar o empate a un co que se chegou ao descanso.
A segunda parte empezou como a primeira, con lixeiro dominio local pero sen xerar perigo ante Moledo. Pola súa banda o Calasancio intentouno cunha vaselina de Nodar que se estrelou no poste antes de que Álex lle dese a volta ao marcador co un a dous.
Con media hora por diante o Rápido de Bouzas foise con todo a polo empate, pero o Calasancio estivo firme en defensa e puido matar o partido con outro balón que estrelou Nodar na madeira, ata que no último minuto, tras unha falta afastada, o Bouzas empatou cun gol sobre a bucina co que mantén ao Calasancio a un punto da permanencia.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu