Burela, Viveiro e Villalbés loitarán polo ascenso

En Infantil, Infantil Autonómica, Principal, Provincial

O Lugo B gaña no último test de fogueo do Burela

LUGO B 5 – BURELA 4

O CD Lugo B pechou o provincial cunha vitoria ante o campión, un premio buscado polos de Antón Méndez, que non conseguiran puntuar nos partidos contra os catro rivais a bater esta temporada malia quedar cerca.
O encontro comezou co pasillo dos albivermellos aos campións provinciais, que afrontaban sen presión á ultima cita na competición doméstica coa vista posta xa na fase de Ascenso.
Os visitantes adiantáronse aos seis minutos do encontro cun gol olímpico, un tanto que anticipaba a “debilidade” do Lugo neste encontro: o balón parado. Así encaixaron tres dos catro goles.
A dificultade para defender esas situacións foi un lastre ao que conseguiron sobrepoñerse a base de solvencia en ataque, incluída a do central Álex que se vestiu de dianteiro para facer o 1-1. Pepe asinou o 2-1 antes de que Iván volvese igualar o partido para o Burela. Antes do descanso, un gol en propia meta darialles vantaxe aos capitalinos de cara á segunda metade.
Tras o intermedio, o partido seguiu co intercambio de goles. Adrián empatou para o Burela e André volveu adiantar aos capitalinos, unha vez máis penalizados polo balón parado. Así encaixaron o 4-4, de Franklin. O dianteiro burelao tería unha máis para anotar tanto da vitoria, pero non acertou non man a man con Jorge.
Si que o fixo, na seguinte xogada, Dani, que cun lanzamento de falta directa decantou o partido.
Os albivermellos pecharon o provincial na quinta praza con seis vitorias.

 

Remontada na Ribela no último asalto

SARRIANA 2 – SAGRADO 1

A Sarriana quedouse cos tres últimos puntos en xogo no Provincial infantil que se disputaron na Ribela. Os de Raúl remontaron o gol inicial co que se adiantaron os capitalinos e con iso finalizaron a competición nun meritorio sexto posto.
Alberto fixo o cero a un ao aproveitar un rexeite, e Fran tivo o cero a dous, pero Mauro luciuse cunha boa intervención.
Lonxe de virse abaixo a Sarriana, pese a notar a ausencia de Rubén, fíxose co balón e Smit devolveu as táboas ao marcador ao enviar ao fondo das mallas un balón solto tras un saque de esquina.
No ecuador da primeira parte Raúl moveu ficha cun cambio de sistema pasando a unha defensa de tres, con dous medios centro, e acumulando máis xogadores por diante de balón. A aposta saíu ben xa que na segunda parte a Sarriana xerou máis, sobre todo por banda ata que Denís, cunha acción individual, asinou o dous a un co que os locais dábanlle a volta ao marcador.
Na recta final o Sagrado Corazón buscou o empate, pero a solidez defensiva da Sarriana evitou que os capitalinos dispuxesen de ocasións claras para poder puntuar neste último asalto que ambos equipos disputaron neste Provincial infantil.

 

O Viveiro xa agarda rival

RESIDENCIA 0 – VIVEIRO CF 7

O Viveiro tampouco fallou e estará no sorteo desta tarde no que os equipos clasificados para a fase de ascenso coñecerán o camiño que teñen que percorrer para ascender á máxima categoría do fútbol infantil, a Liga Galega.
Aos de Antonio Serrano tan só lles valía a vitoria e conseguírona aínda que con máis suspense do esperado no marcador, co axustado cero a un co que se chegou ao descanso. As sensacións sobre o terreo de xogo indicaban o contrario e mostraban unha superioridade dos mariñaos que se plasmou nos segundos corenta minutos con seis goles máis.
O Viveiro será un dos cocos a bater na fase de ascenso, xa que os seus números e o potencial lles abalan. Os de Antonio Serrano, cos reforzos, suman números doutra categoría con catro vitorias consecutivas nas que marcaron 35 goles e tan só encaixaron un.
Ben é certo que os rivais que se atoparán na fase de ascenso terán un potendial superior, pero tamén o é que o Viveiro será un dos equipos que todos os equipos do sorteo quererán evitar.
Esta tarde noite os mariñaos coñecerán a folla de ruta a seguir a partir da próxima fin de semana.

 

O Rácing non falla e estará no bombo

BECERREÁ 3 – RC VILLALBÉS 6

O Rácing Villalbés necesitaba os últimos tres puntos en xogo para asegurarse unha praza na fase de ascenso á Liga Galega infantil e os de Jandro Novoa conseguírono. A última escala era no Municipal de Becerreá ata onde se desprazaron os equipos xuvenil e infantil do Villalbés e de onde saíron cun título Provincial e unha fase de ascenso no peto.
O Becerreá intentou facer longo o encontro, pero Carlos fixo o cero a un e un autogol tras un saque de esquina propiciou o cero a dous antes do descanso.
Xa na segunda parte o Becerreá arriscou máis, pero co cero a tres de Anxo o encontro quedou visto para sentenza. Co paso dos minutos o partido rompeuse e desencadeou nun intercambio de golpes no que ambos equipos asinaron tres goles para selar o definitivo tres a seis no Municipal.
Con este resultado o Villalbés estará esta tarde no bombo do sorteo da fase de ascenso á Liga Galega infantil, competición na que lograrán unha praza si conseguen pasar tres eliminatorias que se disputarán recuperando o tradicional formato de partidos de ida e volta.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu