Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

En Infantil, Infantil Autonómica, Principal, Provincial

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo

SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5

O triunfo fronte ao Sagrado deixa aos chairegos nunha posición privilexiada, xa que pese a ser cuartos, teñen na súa man o estar na fase de ascenso á Liga Galega infantil. Para iso os de Jandro deberán gañar os dous últimos compromisos tralo parón de Semana Sant

a, ante Sarriana e Becerreá, xa que ao Ribadeo, dous puntos por riba dos racinguistas, só lle queda un partido por disputar, fronte ao Lugo B.
Para chegarse a estar circunstancia o Villalbés tivo que empregarse ao máximo o pásado sábado no Rodríguez Lago fronte ao Sagrado Corazón. Os branquiazuis non regalaron nada e puxéronlles as cousas difíciles aos de Jandro, que pese a comezar domiñando, estaban imprecisos co balón e non atopaban a maneira de chegar con perigo á área rival.
De inicio, o Sagrado suscitou unha defensa en repliegue, basculando ben e chegando ás axudas á banda, por onde chegaba o perigo chairego. Aínda asi, en ataque non foron quen de atopar a Basadre nin a Isma, e mediada a primeira parte o Villalbés non perdoou e fixo o 0-1, obra de Carlos.
A partir de aí o Rácing estivo máis cómodo e pouco antes do descanso Toni ampliaba a vantaxe co 0-2, grazas a unha xogada por banda de Carlos.
Tralo paso polos vestiarios o 0-3 non tardou en chegar, o segundo na conta persoal de Toni. A partir de aí o partido perdeu ritmo e chegaron dous goles máis, de Carlos e de Brais, de falta directa, que terminaron por decantar o encontro co definitivo 0-5.
Tralo parón de Semana Santa o Villalbés afrontará as dúas finais. O Sagrado Corazón, pola súa banda, descansa na penúltima xornada e xogará o derradeiro encontro ante a Sarriana.

 

A penúltima estocada do Burela

BECERREÁ 1 – SD BURELA 5

Vitoria máis traballada do que indica o marcador do Burela en Becerreá, pero que deixa aos mariñaos a un triunfo de proclamarse campións. Tralo parón da próxima fin de semana os de Javi Ruiz recibirán á Residencia B na Marosa e, de gañar, faranse co título Provincial e cunha praza para loitar polo ascenso á Liga Galega infantil.
No encontro no Municipal o Burela comezou adiantándose cedo, cun gol de Yago dende fóra da área, pero a partir de aí o Becerreá estivo máis cómodo e conseguiu empatar grazas a un gol Carlos tras un centro de Martín.
Babiac e de novo Carlos tiveron as mellores ocasións para adiantar aos locais, pero cinco minutos antes do descanso Adrián transformaba un penalti cometido sobre el mesmo.
Tralo intermedio o Burela deu un paso adiante e non deu opcións ao Becerreá. O bo xogo combinativo e as xogadas por banda a favor dos mariñaos sucedéronse e Adrián, Yago -cun disparo dende a frontal- e Iván sentenciaron o encontro co 1-5 que deixa aos de Javi Ruiz con 35 puntos no máis alto da táboa clasificatoria, a só un triunfo de ser campións.
O Becerreá pechará o seu paso polo Provincial con dous encontros: Ante o Viveiro no Marcos Gómez e na casa, ante o Rácing.

 

Ribadeo estará á espera 

RESIDENCIA B 0 – RIBADEO 9

O conxunto mariñao fixo os deberes no encontro da Cheda ante a Residencia B cunha cómoda vitoria que encamiñaron xa na primeira parte. Os de Moro non especularon e dominaron o encontro dende o inicio, adiantándose xa no minuto catro cun gol de Carlos. A partir de ahí a Residencia asentouse e evitou o perigo visitante durante media hora moi boa por parte local, pero nos últimos dez minutos o Ribadeo entonouse e conseguiu tres goles que deixaban o encontro practicamente visto para sentenza. Na segunda metade as ocasións e os goles seguiron chegando e o partido rematou co definitivo 0-9 que mantén ao Ribadeo na segunda praza.
Aínda que son segundos, os mariñaos non dependen de si mesmos para estar na Fase de Ascenso, xa que só lles queda un partido por xogar, fronte ás dúas citas que teñen Burela, Viveiro e Villalbés.
As combinacións son moitas, pero a máis fiable para que os ribadenses entren no corte e a de gañar o encontro que lles queda contra o Lugo B e esperar o fallo de Villalbés ou Viveiro nalgún dos dous encontros que lles quedan por disputar.
Así, tralo parón o Ribadeo recibe aos albivermellos no Pepe Barrera e, a partir de aí, terán que poñer un ollo nos encontros dos outros aspirantes, chairegos e celestes.
A Residencia B, pola súa banda, rematará o seu paso polo Provincial enfrontándose ao líder da competición, o Burela, na Marosa na penúltima xornada, e recibindo na Cheda ao Viveiro a fin de semana do 4 de maio no último encontro para os de Adrián Suárez.

 

O primeiro obxectivo está á vista

SARRIANA 1 – SD VIVEIRO 7

Os de Antonio Serrano prepararán nestas dúas semanas as últimas citas do Provincial sabendo que, de gañalas, estarán na fase de ascenso.
O triunfo ante a Sarriana encamiña un pouco máis aos celestes, que nos dous últimos compromisos recibirán ao Becerreá e visitarán a Cheda para enfrontarse á Residencia B, rivais a priori inferiores.
No encontro da Ribela foron superiores ao longo dos 80 minutos, aínda que nos primeiros costoulles atacar a férrea defensa local.
Así, o único gol da primeira parte chegou tras un centro lateral que remataba Alejandro ao fondo das mallas. O perigo visitante aumentou no tramo final, con ocasións de Martí, Ayana e Lucas, pero o marcador non se movería.
Tralo descanso Ayana fixo o 0-2 logo dunha boa xogada combinativa, e a partir de aí foron chegando os goles ata o 0-7. Na última acción do encontro Anthony, tras aproveitar un rexeite na área, facía o gol da honra para o conxunto sarriao.
Tralo parón de Semana Santa a Sarriana buscará rematar o Provincial da mellor forma posible ante Villalbés e Sagrado Corazón. O Viveiro terá na súa man a fase de ascenso ante Becerreá e Residencia B.

También puedes leer!

O gol volveu ser determinante

A Residencia competiu ben por momentos, pero con balas de fogueo ante un Riveira máis contundente   RESIDENCIA 0

Leer más...

O Lugo despídese na casa pola porta grande

os de Martín Murado impuxéronse ao Celta de Vigo, campión da División de Honra que non perdía dende outubro

Leer más...

Encomiable esforzo con recompensa final

O Lugo B vaciouse na Cheda para puntuar ante o Celta de Vigo B, de novo campión da Liga

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu