Burela, Sarriana e Monterroso estarán no provincial cadete

En Cadete, Principal, Provincial

Os últimos billetes para a segunda fase adxudicáronse na última xornada das ligas zonais, que rematan con Ribadeo, Polvorín A e Residencia A invictos

A última xornada da primeira fase completou o elenco de clasificados para o campionato provincial. Sarriana, Burela e Monterroso competirán polo título e máis polas dúas prazas para disputar a promoción de Ascenso á Liga Galega, o botín en xogo na segunda fase da competición.

Sarriana e Monterroso
O equipo de Edgar Redondo, desahuciado hai catro xornadas, sumou os 12 últimos puntos e logrou o pase como segundo do grupo Sur, posición da que relegaron ao Monterroso.
Os sarriaos cumpriron na Ribela, impoñéndose por 3-0 ao Polvorín B, mentres que os de Adrián Vázquez deixaron os tres últimos puntos en Becerreá. Nos primeiros seis minutos encaixaron tres goles en tres córners e antes de cumprirse o corenta o marcador era de 5-0. Na segunda metade o Monterroso maquillou o resultado ata o 5-3.
Malia o correctivo, os da Ulloa entran no Provincial como un dos dous mellores terceiros clasificados.
Burela
O equipo de Ramiro Chaves logrou ante o Villalbés B a vitoria que precisaba para superar o corte da segunda fase. Os racinguistas, con seis infantís na convocatoria, apenas puideron facer fronte ao empuxe dos da Marosa.
Campións
Ribadeo, Polvorín e Residencia pecharon a primeira fase co simbólico título de campións de grupo tras gañaren na última xornada. O Polvorín, que tiña a priori o test máis complicado ante a Resi B, sae moi reforzado.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu