Burela, Ribadeo e Viveiro escenifican a desigualdade

En Infantil, Principal, Provincial

A primeira xornada estivo marcada polos aprazamentos e as goleadas, principalmente no Grupo Norte no que houbo unha diferenza de 38 goles en tan só tres encontros. No Grupo Centro, Sagrado e Lugo B disputaron no encontro da xornada

Burela SD, Casás e Residencia B forman o primeiro trío de líderes zonais tras disputarse a primeira xornada das competicións provinciais infantís.

Grupo Norte

As abultadas vitorias de Burela SD, SD Ribadeo e SD Viveiro anticipan unha liga norte desigual, polarizada, coas etiquetas de favoritos a ocupar as primeiras prazas xa entregadas.
O partido que máis tardou en romperse foi o Ribadeo-Lourenzá que, malia a contundencia do marcador final, chegou ao descanso con 3-0. Os locais tiraron de individualidades para abrir a lata nunha primeira metade na que lles custou conseguir regularidade no xogo. A saída de Miguel Rivas para o Lugo, e baixas de Fernando ou Román lastraron a estrea dos laurentinos que, na segunda parte, se viron claramente superados polo equipo local.

Grupo Centro
O Casás comezou pletórico a temporada. Aos colexiais chegáronlles 40 minutos para sentenciar o partido ante o Abuín -8 a 1 ao descanso-, e encaramarse ao primeiro posto da clasificaciòn. Ben diferente foi o guión dos outros partidos da xornada, resoltos cunha vitoria pola mínima.
O Lugo B sumou os tres primeiros puntos ante o Sagrado Corazón A cun gol de penalti, por man na área. A gran actuación do gardameta Alan mantivo no encontro aos locais que puideron sacar petróleo dun resultado tan curto na última ocasión do encontro, un remate de David Basadre que se foi arriba por pouco.
Tamén puido lamentar a súa falta de eficacia o Castro que tras poñerse cun 0-2 no marcador, viu como a Piringalla B recurtaba distancias, deixando o marcador final en 1-2.

Grupo Sur

Antas e Piringalla A asinaron o único empate da xornada na categoría. Os capitalinos trataron de levar a batuta do encontro, favorecidos por dous goles case consecutivos – de Lucas e Simón- á media hora de xogo. Mais o guión do partido daría outros xiros. Nun trepidante inicio da segunda metade, o partido púxose cun 2-3 no marcador. O empate final marcouno Jorge Veiga no minuto 86.
A primeira xornada remata coa Residencia B no liderado. Os branquiazuis impuxéronse ao Sagrado Corazón B con solvencia tirando de eficacia, sobre todo na segunda metade.
O vindeiro mércores dispútase o encontro entre Sarriana e Palas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu