Burela, Rácing Villalbés A e Antas lideran os seus grupos infantil

En Infantil, Principal, Provincial

Os chairegos e os da ulloa fano en solitario. Os mariñaos teñen 9 puntos pero un encontro menos que a SD Ribadeo, co que empatan no alto da táboa. O Grupo Norte infantil descansará a vindeira fin de semana 

Cuarta xornada no Grupo Norte, no que o Burela manten o liderado pese a que descansou nesta xornada. No Grupo Centro os tres equipos do alto da táboa sumaron novas vitorias, polo que a clasificación non reviste ningún cambio salientable.
O máis destacado da xornada ocurriu no Grupo Sur, no que o Antas toma o mando e a Residencia B perde o primeiro posto tras ceder na Ribela ante a Sarriana,
O Viveiro CF do Grupo Norte e a Ferroviaria, do Centro, conseguiron os seus primeiros tres puntos da temporada.

Grupo Norte Tralo aprazamento do encontro entre Foz e Burela, só se xogaron dous partidos esta fin de semana. O RC Villalbés B Viveiro CF saldouse coa primeira vitoria da tempada do conxunto celeste, grazas aos goles de Balsa, Samuel e Sebas. Pola súa parte a SD Viveiro rompeu a xeira de tres vitorias consecutivas do Ribadeo tras gañar na casa un partido moi igualado que se decidiu nos minutos finais. A vindeira fin de semana non haberá xornada no Grupo Norte, que retomará a competición o sábado 20 de outubro.

Grupo Centro
Tres vitorias a domicilio, de CD Lugo B, Sagrado Corazón e RC Villalbés A; e só unha local, a primeira da Ferroviaria esta temporada, que superou ao Casás no López Gorgoso. A parte alta da táboa mantense igual que a pasada xornada, o Rácing continúa liderando a clasificación con doce puntos, seguido de CD Lugo B e Sagrado A, con nove. A próxima fin de semana o líder descansa, polo que os albivermellos e os branquiazuis teñén unha boa ocasión para meter presión aos chairegos.

Grupo Sur Os tres partidos desta xornada saldáronse con triunfos de Becerreá, Antas e Sarriana. Os de Nico lograron unha vitoria cómoda ante o Sagrado B grazas sobre todo a unha gran primeira parte na que encarrilaron o encontro co 0-3 ao descanso, na segunda metade os goles de Candela e de Javi, cun hat trick na súa conta particular, ampliaron o resultado.
Máis complicado foi o triunfo a domicilio do Antas, novo líder do grupo. O Corgo púxolle as cousas difíciles aos de Abelairas, que a vindeira fin de semana mediranse ao terceiro clasificado, unha Sarriana que se atopa no seu mellor momento tras vencer á Residencia B, que perdeu o primeiro posto trala súa primeira derrota da temporada, nun duelo entre dous conxuntos aspirantes a todo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu